Publicacións


Lingua galega e variación dialectal

Autoría

Sánchez Rei, Xosé Manuel

Liñas de investigación

Lingüística histórica e historia da lingua
Gramática galega

ISBN

978-84-8487-208-5

Editorial

Laiovento

Data de publicación

2011

Número de páxinas

662

Descrición


Todas as linguas posúen unha característica fundamental, cal é o feito de estaren a mudar constantemente: a adscrición social, o contexto, o espazo, a psicoloxía de cada falante, o tempo, o xénero etc. son factores que determinan diferentes tipoloxías de variacionismo lingüístico. O galego tamén coñece eses condicionantes de variación, centrándose na situación particular do noso idioma e principalmente na dimensión xeográfica.