Publicacións


"Razões de fogo, versos fabricados". Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII

Edición

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Literaturas en lingua portuguesa

ISBN

84-89814-65-1

Editorial

Editorial Espiral Maior, Col. ‘Poesía’

Data de publicación

1999

Número de páxinas

75

Descrición


Razões de fogo, versos fabricados é unha colectánea de 50 sonetos e 25 autores portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII que representa unha escolma altamente significativa da escrita dunha das máis rigorosas e esixentes formas poéticas. A través dos diferentes textos e diversos autores, pódense acompañar as liñas de forza fundamentais que alicerzan os espazos poéticos renacentistas e maneiristas, barrocos e neoclásicos, arcádicos e prerrománticos.

O presente volume supón unha extraordinaria achega para o coñecemento e a valoración dunha etapa histórica de grande transcendencia e excelencia estética como é a da literatura clásica portuguesa. A pluralidade poética contemplada facilita a aproximación á obra lírica de autores tan significados e significativos como Sá de Miranda, Luís de Camoes, Jerónimo Baía, Francisco Manuel de Melo, Paulino António Cabral, Leonor de Almeida ou Manuel Maria Barbosa du Bocage.