Publicacións


Fígados de Tigre de Francisco Gomes de Amorim

Autoría

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme

Liñas de investigación

Teatro
Literaturas en lingua portuguesa

ISBN

978-84-9749-068-9

Editorial

Biblioteca-Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor” / Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña

Data de publicación

2003

Número de páxinas

275

Descrición


Primeira edición crítica da peza Fígados de Tigre de Francisco Gomes de Amorim, estreada co título de Melodrama dos Melodramas en Lisboa o 31 de xaneiro de 1857. Esta edición, antecedida dun amplo estudo introdutorio, aspira, para alén de contribuír a unha necesaria revisión crítica desta obra, a resituar o seu autor no panorama literario do seu tempo.

En Fígados de Tigre, a intención paródica aparece xa no propio título, con todo o que nel hai de brincadeira a respecto de moitas comedias e dramas románticos, especialmente dos dramas históricos. Esta peza é un texto complexo onde o xogo irónico que o autor propón no que propiamente é texto teatral, ese xogo metaliterario en que se satiriza un tipo de teatro, un tipo de personaxes ou de situación (adrede subvertedoras das convencións teatrais románticas), séguese nas Notas, dominadas polo discurso, tamén desmitificador, que o autor constrúe a respecto das personaxes mitolóxicas e os seus factos (co que isto presupón de esvaecemento das bases referenciais erurditas en que asentaba o mundo literario-cultural en que o autor se insire). Deste modo, as Notas veñen reforzar aquel carácter de autoreflexión, de crítica do teatro dentro do propio teatro, que é un dos elementos definidores do Melodrama dos Melodramas.