Publicacións
Autoría
Lourenço Módia, Cilha / Biscainho-Fernandes, Carlos-CaetanoLiñas de investigación
TeatroISBN
84-930757-3-6Editorial
Abano EditoresData de publicación
2000Descrición
A medio camino entre a crónica e a reflexión, o presente estudo tenciona ofrecer unha visión panorámica da vida teatral galega entre o 1990 e o 1999, cos seus conflitos e as súas conquistas. Sen esquecermos que o teatro é reflexo fiel da sociedade en que se desenvolve, a autora e o autor resolveron realizar, desde unha óptica máis sociolóxica do que literaria ou espectacular, un cómputo de urxencia das montaxes profesionais sustentado nunha descrición dos mecanismos e entidades que fixeron posíbel que esta produción chegase ao sei destinatario: o marco institucional, as vías de distribución, os locais, a difusión nos medios de comunicación, as publicacións…
Para alén disto, neste pequeno mapa, tamén se lle deu cabida ao teatro amador e chamouse a atención sobre o aspecto da formación dramática.