Publicacións


Teatro Circo. Tres textos

Autoría

Lourenço Módia, Cilha

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-9812-136-0

Editorial

Deputación da Coruña

Data de publicación

2010

Número de páxinas

197

Descrición


O presente traballo ten como obxectivo fundamental realizar unha aproximación de urxencia ás actividades dramáticas e culturais de Teatro Circo (1967-1978), o primeiro colectivo galego plenamente identificado co teatro independente e, sen dúbida, o máis representativo e actuante deste movemento en Galicia.

Para comprender o papel paradigmático desempeñado por este grupo no case inexistente panorama teatral da Galiza da altura –reducido á estreita actividade en español das compañías comerciais e dos colectivos de teatro de cámara e ensaio–, faise necesario, primeiro de todo, profundar nas circunstancias que envolveron o renacemento do teatro galego após a guerra civil.

A seguir, a partir dunha breve achega aos postulados ideolóxico-estéticos que guiaron o traballo escénico e investigador levado a cabo polo Teatro Circo e ás súas principais conquistas, pretendemos determinar na súa xusta medida a relevancia desta experiencia, decisva non só para a recuperación, modernización e difusión do teatro galego durante  a ditadura franquista, mais temén para o seu posterior desenvolvemento, xa na época democrática.

Finalmente, e co obxectivo de ilustrar o percorrido trazado neste breve estudo, reprodúcense tres pezas inéditas de Manuel Lourenzo estreadas polo Teatro Circo: Crónica de sol de inverno (1971), Erros e ferros de Pedro Madruga (1972) e Hipólito (1973).