Publicacións


O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias

Autoría

Sánchez Rei, Xosé Manuel

Liñas de investigación

Gramática galega

ISBN

978-84-9749-449-6

Editorial

Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña (Monografía 6 da Revista Galega de Filoloxía)

Data de publicación

2010

Número de páxinas

118

Descrición


Estudo do complemento preposicional do verbo elaborado a partir da teoría da valencia, modelo de análise gramatical que tivo a súa primeira formulación na obra do lingüista Lucien Tesnière a finais da década de 50 do século XX. Esta teoría sintáctica pode abrir unha nova concepción do que se entende adoito por CPrep e contribuír á clarificación do conflito que, nalgúns casos, presenta en relación aos outros elementos argumentais esixidos polo verbo.