Publicacións


Poesía Galega Completa. I. Queixumes dos Pinos

Edición

Ferreiro, Manuel

Liñas de investigación

Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa

ISBN

84-7824-144-2

Editorial

Sotelo Blanco

Data de publicación

1995

Número de páxinas

326

Descrición


Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. Este primeiro volume ofrece unha versión dos poemas líricos do Bardo que garda unha máxima fidelidade á textualidade de que se parte, conxugando o respecto á lingua pondaliana coa maior ou menor posibilidade de comunicación lector/texto.

Cada un dos poemas de Queixumes dos pinos vai acompañado do seu aparato crítico correspondente, procurando sempre a clareza, dividido en tres partes. A primeira indica todas as documentacións de cada poema. A segunda inclúe todas as notas aos versos, así como as correccións autógrafas do autor. E, a derradeira recolle, de existiren, as primeiras redaccións en español, así como outras versión galegas impresas.