Publicacións


A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo

Autoría

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega
Estudos literario-culturais

ISBN

978-84-96203-45-7

Editorial

A Nosa Terra

Data de publicación

2003

Número de páxinas

281

Descrición


Ao longo deste estudo realízase unha rigorosa revisión crítica da obra narrativa de Ramón Otero Pedrayo ao tempo que se establecen cales son aqueles elementos ficcionais que o autor utilizou para a creación dunha novela nacional.

Próbase que os textos narrativos oterianos se corresponden cun obxectivo político que non é outro que o de substantivar a nación e trasladar esa idea, pola vía das novelas, a un público máis amplo que as reducidas elites que participaran no proxecto de reivindicación de Galiza até daquela.

Este libro presta unha especial atención á análise do modo en que se concretizaron nas obras do autor aquelas ideas, mitos temas ou, mesmo, propostas ideolóxicas que as elites culturais do seu tempo (das que el mesmo foi un perfecto representante) pretenderon consolidar como referentes da nosa identidade colectiva e, á vez, como marcos interpretativos dirixidos aos membros da nosa comunidade nacional.