Publicacións


Literatura galega. Séculos escuros e Rexurdimento

Autoría

Freixeiro Mato, Xosé Ramón / Martínez Pereiro, Carlos Paulo / Dobarro, X. M. / Marco López, A. / Pérez Pascual, Xosé Ignacio

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega

ISBN

84-86531-43-8

Editorial

APLL / Vía Lactea

Data de publicación

1988

Número de páxinas

175

Descrición


Este libro está pensado basicamente para un público escolar e continúa o percorrido cronolóxico pola nosa literatura iniciado polo volume Literatura medieval.

Nos séculos que comprende esta antoloxía (XVI-XIX) a importancia e o volume da literatura decimonónica impón que esta teña un tratamento -cuantitativo e cualitativo- de privilexio, sen por isto obviarmos a abordaxe daqueles outros séculos de case nula relevancia literaria, mais dunha grande importancia para entendermos as peculiaridades sociolóxicas e estéticas da nosa tradición literaria. E dentro da relevancia do século XIX é obvio que a poesía -e especialmente a da grande tríada de mestres: Rosalía, Curros e Pondal- debe conformar o núcleo esencial desta obra.