Publicacións


Os diminutivos en galego

Autoría

Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Liñas de investigación

Gramática galega

ISBN

84-89138-34-6

Editorial

A Nosa Terra, Col. "Campus"

Data de publicación

1996

Número de páxinas

172

Descrición


A pesar dos avances que se teñen dado nos últimos anos, aínda son moitos os baleiros existentes no estudo da nosa lingua. E se entre eles hai un apartado especialmente esquecido, este é o que fai referencia aos estudos de carácter léxico-semántico, practicamente inéditos en monografías centradas no noso idioma e experesadas a través del, malia a importancia que, cada vez máis, están adquirindo en todas as linguas do noso contorno.

Por outra parte, se houbese que buscar un elemento lingüístico que opere na mente das persoas galegas –e mesmo non galegas– como símbolo da nosa lingua, sen dúbida moitos coincidirían, como teñen resaltado xa algúns estudosos, en sinalar o diminutivo e, en especial, o sufixo -iño, utilizado con profusión na fala popular e nos nosos textos literarios –en especial na poesía lírica–, sendo considerado como signo identificador da fala galega mesmo para aquelas persoas alleas ao idioma ou de fóra do país. De aí que un estudo sobre os diminutivos en galego, cunha parte introdutoria de carácter xeral situándoos con relación ás estruturas lexicais e cunha atención preferente ao sufixo –iño, veña encher un oco nos nosos estudos lingüísticos que xa se facía notar en exceso.