Publicacións


Sebastián Martínez-Risco na cultura galega

Autoría

Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega
Estudos literario-culturais

ISBN

84-87847-35-8

Editorial

Laiovento, Col. "Ensaio"

Data de publicación

1994

Número de páxinas

258

Descrición


Xosé Ramón Freixeiro Mato fai un percorrido, rigorosamente documentado, con manexo da correspondencia privada e de numerosísimas fontes hemorográficas, pola vida e a obra do autor, pondo de manifesto a inxente actividade desenvolvdida por el ao longo de toda unha vida de servizo á cultura, con apartados específicos, dentro da súa produción, aos ensaios lingüísticos, de carácter histórico-sociolóxico, e literarios, e incluíndo documentación inédita de interese para coñecermos certas claves no desenvolvemento da cultura e da política galega nos anos que van fundamentalmente desde a guerra civil até as primeiras eleccións de 1977, tendo como eixo central en moitos casos a actividade da Academia Galega.

A tal coñecemento contribúe de maneira especial a edición anotada da correspondencia do autor con Ramón Piñeiro, clara mostra e explicación de certos comportamentos habidos na vida cultural e política do chamado galeguismo histórico e da influencia do “piñeirismo” na época de posguerra, así como do funcionamento da Academia Galega e do seu papel dentro da vida cultural, social e política da Galiza.

Referencias


Dialnet