Publicacións


Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999)

Autoría

Lourenço Módia, Cilha / Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

84-930757-3-6

Editorial

Abano Editores

Data de publicación

2000

Descrición


A medio camino entre a crónica e a reflexión, o presente estudo tenciona ofrecer unha visión panorámica da vida teatral galega entre o 1990 e o 1999, cos seus conflitos e as súas conquistas. Sen esquecermos que o teatro é reflexo fiel da sociedade en que se desenvolve, a autora e o autor resolveron realizar, desde unha óptica máis sociolóxica do que literaria ou espectacular, un cómputo de urxencia das montaxes profesionais sustentado nunha descrición dos mecanismos e entidades que fixeron posíbel que esta produción chegase ao sei destinatario: o  marco institucional, as vías de distribución, os locais, a difusión nos medios de comunicación, as publicacións…

Para alén disto, neste pequeno mapa, tamén se lle deu cabida ao teatro amador e chamouse a atención sobre o aspecto da formación dramática.