Publicacións


O Cancioneiro de Pero Mafaldo. Edición crítica

Autoría

Eirín García, Leticia / Ferreiro, Manuel

Liñas de investigación

Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa
Literatura medieval galego-portuguesa

ISBN

978-84-453-5167-3

Editorial

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Data de publicación

2014

Número de páxinas

199

Descrición


Editar textos medievais galegos, en xeral, e textos poéticos trobadorescos galego-portugueses, en particular, é máis do que unha actividade erudita de pesquisa: nestes inicios do século XXI, no contexto lingüístico-cultural galego, constitúe unha tarefa fundamental para ler, interpretar, actualizar o legado literario construído e transmitido polos nosos devanceiros para nós e tamén para as xeracións futuras. É así que, se considerarmos a figura do trobador Pero Mafaldo entre a nómina de poetas que conformaron a escola trobadoresca galego-portuguesa ao longo do máis de século e medio durante o cal se prolongou, constatamos que a súa obra non sobrancea cuantitativamente sobre outros cancioneiros individuais, mais si en termos específicos, pois as nove cantigas da súa autoría –pertencentes aos tres xéneros canónicos– presentan elementos e características coa suficiente personalidade como para se converteren en suxeito dunha edición e estudo particularizados.

Pero Mafaldo naceu probabelmente xa iniciado o século XIII e todo parece indicar que desenvolveu o seu labor poético na corte castelá dos reis Fernando III e Afonso X, e tamén na corte aragonesa de Xaime I.