Actualidade


'Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués'
8 de maio de 2015
A Coruña

O vindeiro 8 de maio terá lugar na sala Ricardo Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o encontro “Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués”


“Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués” está organizado e coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, membros do Grupo ILLA.  Este encontro terá lugar o vindeiro 8 de maio na Sala Ricardo Carvalho Calero (Facultade de Filoloxía da UDC) e contará coa presenza dos seguintes relatores: Neal Baxter (Universidade de Vigo), Noemí Basanta Llanes (Universidade de Santiago de Compostela), Maria Aldina Marques (Universidade de Minho), Xavier Guinovart (Universidade de Vigo), Ricardo Pichel (Universidade de Santiago de Compostela/University of Birmingham), Xavier Varela (Universidade de Santiago de Compostela), Estefanía Mosquera Castro (UDC), Xosé Ramón Freixeiro Mato (UDC) e Xosé Manuel Sánchez Rei (UDC).

 

Máis información en http://illa.udc.gal/ActivityInfo.do?activityID=6