Actualidade


Universo Cantigas: a lírica galego-portuguesa letra a letra
Xullo 2020

La Voz de Galicia publicou o domingo 12 de xullo unha reportaxe sobre Universo Cantigas e unha entrevista ao seu coordinador, Manuel Ferreiro, membro de ILLA.


Co título "A lírica galego-portuguesa, letra a letra", o xornal coruñés dedica unha ampla reportaxe, asinada por Rodri García, ao proxecto de edición da lírica profana medieval galego-portuguesa que está a levar a cabo un equipo interuniversitario coordinado polo prof. Manuel Ferreiro e no que tamén participan os membros de ILLA Leticia Eirín, Xosé Ramón Freixeiro e Xosé Manuel Sánchez Rei.

Aspectos como o proceso de elaboración da edición –iniciada co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa–, o interese internacional que despertou o traballo, o acceso libre e universal aos resultados e o financiamento acadado en diversas convocatorias competitivas son resaltados nas páxinas de La Voz de Galicia que considera a lírica medieval o Pórtico da Gloria da literatura galega.

Información sobre Universo Cantigas e acceso á edición: http://https://universocantigas.gal

Acceso á noticia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/07/12/lirica-galego-portuguesa-letra-letra/0003_202007G12P35991.htm