Actualidade


Cilha Lourenço Módia, nova profesora contratada doutora
Xullo 2020

A profesora Cilha Lourenço Módia, membro de ILLA, superou con solvencia as probas para acceder á categoría de profesora contratada doutora.


Cilha Lourenço viña desempeñando funcións docentes na área de Filoloxías Galega e Portuguesa –adscrita ao Departamento de Letras– da Universidade da Coruña, no posto de profesora Axudante Doutora e, nos últimos meses, de Profesora Contratada Doutora Interina. Na súa traxectoria investigadora destacan especialmente as achegas á historia do teatro galego, singularmente á xénese do Teatro Independente, tema da súa tese de doutoramento.

O tribunal, presidido pola Decana da Facultade de Filoloxía, Mª Jesús Lorenzo, valorou moi positivamente a traxectoria da profesora e salientou a súa experiencia e resultados como docente no ámbito das linguas galega e portuguesa.

Desde ILLA queremos enviar os nosos máis cordiais parabéns á nova profesora contratada doutora e desexarlle os maiores éxitos no futuro.

Máis información sobre a traxectoria académica da profesora Lourenço: http://illa.udc.gal/ShowResearcherInformation.do?id=22