Actualidade


Reeditada 'Farsa das zocas' de Carvalho Calero, con prólogo de Carlos Biscainho
17 de maio de 2020

O Consello da Cultura Galega escolle esta peza teatral para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020.


 
Farsa das zocas é unha pequena peza teatral que conta un drama familiar co interese económico de pano de fondo. Para o prof. Biscainho, membro de ILLA e prologuista da edición, a obra evidencia o desexo de dignificar historias e personaxes populares e de estabelecer un diálogo con outras dramaturxias do mundo.
No mesmo enlace, pódese ler unha entrevista con Carlos Biscainho e ver o vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes creadas por Ricardo Carvalho Calero: máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena dunha peza que nos achega unha das facetas menos coñecidas do ilustre profesor ferrolán.