Actualidade


ILLA organiza un encontro de grupos de investigación en Estudos Galegos
6 de setembro de 2019
Sala de Prensa da Reitoría (UDC)

O grupo ILLA promove un encontro entre os grupos de investigación do Sistema Universitario Galego que traballan no ámbito dos Estudos Galegos.


Co obxecto de pór en común liñas de investigación, proxectos en curso e resultados actuais e previstos, o grupo ILLA promove a celebración dun encontro dos grupos de investigación das universidades galegas que traballan no ámbito dos Estudos Galegos, nas súas vertentes literaria, lingüística e cultural.

O evento terá lugar o venres día 6 de setembro na Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña, na rúa Maestranza. 

A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa:

MAÑÁ

10 h_Benvida e presentación do grupo ILLA

10.30-12:15 h_1ª Sesión

Grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC)

Grupo GALABRA (USC)

12:15 h_Pausa-café

12:30-14:15 h_ 2ª Sesión

Grupo GAELT (UVigo)

Grupo de Historia da literatura galega (USC)

14:15-16:30 h_Xantar de convivio

TARDE

16:30-18:15 h_3ª sesión

Grupo FILGA (USC)

Grupo BITRAGA (UVigo)

18:15 h_ Pausa-café

18:30-19 h_ Conclusións e peche da xornada