Actualidade


Leticia Eirín na xornada 'A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías'
26 de abril
Illa de San Simón (Redondela)

A profesora Leticia Eirín, membro de ILLA, participará na xornada organizada polo Consello da Cultura Galega –en colaboración co Concello de Redondela– cuxo obxectivo é avaliar a contribución das humanidades dixitais ao mellor coñecemento e divulgación da cultura medieval, nas súas diferentes facetas, da música á literatura, pasando polo patrimonio.


Esta xornada sobre 'A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías' é a primeira do ciclo 'Seíame eu... en San Simón' que o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela celebrarán en forma de simposio e con carácter anual na illa redondelá.

Leticia Eirín presentará 'Universo Cantigas', o portal da edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa dirixido polo prof. Manuel Ferreiro, tamén membro de ILLA, nunha sesión en que participará Graça Videira Lopes, coordinadora do Proxecto Littera. 

Na xornada, que se desenvolverá ao longo de todo o día, participarán, entre outros, Daniel C. Lorenzo e Ramón Yzquierdo, que presentarán a restauración do Pórtico da Gloria, e Antoni Rossell, musicólogo e director do Arxiu Occità da UAB.

Máis información e inscrición en http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200800