Actualidade


Manuel Ferreiro presenta o último libro de Pär Larson
4 de novembro de 2019 ás 19:30 horas
Libraría Couceiro (Santiago de Compostela)

Esta tarde a cidade compostelá acollerá a presentación d'A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués do filólogo sueco estabelecido en Italia Pär Larson.


Manuel Ferreiro, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na UDC e membro de ILLA, participará na presentación desta obra, xunto co autor, e na compañía de Henrique Monteagudo, secretario da RAG, Francisco Castro, director de Galaxia, e Mariña Arbor, profesora na USC e tradutora da obra ao galego.

A lingua das cantigas é unha tradución do italiano de La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese editada o pasado ano 2018 por Carocci Editore. Trátase dunha gramática descritiva da lingua da poesía profana e mariana dos séculos XIII e XIV.

O seu autor, Pär Larson, é investigador no Istituto Opera del Vocabolario Italiano de Florencia e especialista en lexicografía, e nos últimos anos combinou as súas investigacións sobre o italiano antigo coa elaboración da gramática que hoxe presenta en Compostela.

Máis información sobre a obra: http://editorialgalaxia.gal/produto/lingua-das-cantigas-gramatica-galego-portugues/