Actualidade


Carlos Biscainho, novo profesor contratado doutor
Xaneiro 2020

O profesor Carlos Biscainho, membro de ILLA, superou brillantemente as probas para acceder á categoría de Profesor Contratado Doutor.


O prof. Carlos Biscainho viña desempeñando funcións docentes na Universidade da Coruña na categoría de Profesor Axudante Doutor. Alén de docente e investigador, é actor –formado con Arkadi Nemirovski e Jacques Nichet, entre outros– e formador de intérpretes. A súa vinculación cos palcos esténdese á crítica de espectáculos e ao seu envolvimento na Academia Galega de Teatro.

Entre os seus últimos contributos á investigación académica, destaca Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas (2017), merecente do XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria.

O tribunal presidido pola Decana da Facultade de Filoloxía, Mª Jesús Lorenzo Modia, valorou moi positivamente a traxectoria docente e investigadora do prof. Vizcaíno e ponderou grandemente as súas achegas á historia do teatro galego, perfil da praza obxecto de concurso. Neste sentido, o tribunal louvou especialmente as propostas de investigación do concursante para o futuro inmediato e a orientación innovadora do seu desempeño docente.

Desde ILLA queremos enviar os nosos máis cordiais parabéns a Carlos Biscainho, que accede a través desta praza á condición de profesor permanente na Universidade da Coruña.

Máis información sobre a traxectoria do prof. Biscainho en http://illa.udc.gal/ShowResearcherInformation.do?id=23