Actualidade


Nova edición de 'Voz e silencio', de Francisco Salinas Portugal
Abril 2020

Laiovento reedita o volume coa entrevista a Ricardo Carvalho Calero realizada en 1989 polo destacado lusitanista e actual profesor honorario da UDC.


O libro surxira como resultado da entrevista que, por encargo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, fixera Francisco Salinas Portugal, membro colaborador de ILLA, ao prof. Ricardo Carvalho Calero. En palabras de Pilar Pallarés:

“O que ía ser entrevista breve para a elaboración dun vídeo, veu dar en longa conversa por obra e arte dun entrevistador intelixente e incisivo e dun entrevistado do que sería longo enumerar as cualidades: entusiasmo, rigor, ecuanimidade, erudición viva, elocuencia, modestia, espírito reflexivo...”

O volume está accesíbel en formato electrónico na páxina da editora:

http://www.laiovento.com/CATALOGO/1021/VOZ-E-SILENCIO.html

Máis información sobre a traxectoria académica de Francisco Salinas:

http://illa.udc.gal/ShowResearcherInformation.do?id=6