Actualidade


Ciclo de conferencias sobre Filoloxía e Tradución
8 e 10 de outubro de 2019
Sala 2.7 da Facultade de Filoloxía

Os membros de ILLA Xoán López Viñas e Cilha Loureço Módia organizan un ciclo de conferencias dirixido ao alumnado de Lingua Galega 1 e 2, materias dos graos impartidos na Facultade de Filoloxía.


O ciclo de conferencias Da Filoloxía para a Tradución e viceversa terá lugar nos días 8 e 10 de outubro na sala 2.7 en horario de 16 a 18:15 horas. Contará coa participación da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, que estará representada pola súa presidenta, Iria Taibo, e por Rossana Couto e Manuel Arca. Intervirá tamén a Dra. Aoileann Lyons, lectora de lingua inglesa na Universidade da Coruña.